Si estou contenta, a pesar de que acabo de recibir a conmocionante noticia da morte de Carmina Ordoñez, que aínda non se sabe como foi, pero non debemos preocuparnos porque pronto nos enteraremos dos máis escabrosos detalles, que serán emitidos e reemitidos en tódolos medios de comunicación.
Sen embargo, eu estou contenta porque a partir da próxima semana, cando me pregunten que fas no teu traballo, xa terei algo que contestar. Dedicareime a percorrer, e de paso coñecer, todalas vilas lucenses en busca dos arquivos gardados das extintas cámaras agrarias locais. Co que a min me gusta viaxar, "me lo voy a gozar" e de paso escribir periódicos reportaxes para el Progreso sobre o asunto en cuestión, que agora en verán é difícil encher páxinas e seguro que lles ven moi ben, ou iso espero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario