Si, estamos de volta das vacacións. Non, non estou deprimida soamente acatarrada, o que me pon de mui mala hostia. O caso é que chega o momento de plantexarse que vas facer o ano que ven, e como tiña pensado marchar cara Londres, o último que se me ocorreu foi compra-lo billete de avión xa e así non atopar ningunha excusa que me libre desa viaxe que eu sei máis ca ninguén que preciso facer. Quen sabe, ó mellor a semana que ven xa teño todo listo para marchar o 12 de xaneiro, porque o Nadal prefiro pasalo na casa.
Falando de United Kingdom e máis concretamente, de Edimburgo chegoume hoxe un artigo moi interesante publicado en The Herald sobre as relacións ancestrais de parentesco que poden existir entre os galegos e os escoceses e irlandeses, iso si, sen pasar polos celtas porque parece que eso da nosa orixe celta se inventou para vender colares e pendentes de artesanía, moi bonitos por certo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario