lunes, 14 de junio de 2010

SOA

Chove... As veces tes que estar soa para poder disfrutar de certos momentos da túa vida. Agora, aquí, soa, sinto que o corazón me vai estoupar dentro de peito, mestura de sentimentos, morriña, melancolía, tristeza, ledicia,... Sentada mirando ó mar, un mar rebelde que se pelexa co vento. Unha paraxe fermosa, agora que está enmarcada polas nubes grises, por tódalas tonalidades de gris que só as nubes che saben amosar se sabes mirar. A praia deserta... Hai tan poucos momentos nesta vida que te podes sentar a mira-la vida pasar, sen pensar en nada e pensando en todo ó mesmo tempo, neses momentos éntranche ganas de contar con palabras sentimentos que non se poden escribir, sentimentos que eu non sei escribir, porque por moito que o intente, as miñas verbas non transmiten o que deberían. Quero contarche o inmenso que é o mar, tan grande que se sigo mirando empezarei a chorar, as ondas que sorín cando chegan a praia, que che falan... quen soubera entendelas, terían tanto que contar. Alí ó lonxe, na liña que separa o mar do ceo, alí quero estar eu, sempre querendo estar donde non estou. Aquí soa, mirando ó mar, disfrutando da soidade que tanto me gusta, doume conta unha vez máis canto medo teño a estar SOA.