viernes, 22 de octubre de 2004

O traballo non mata

Probablemente se eu vira esto sen ningún contexto previo, non entendería moi ben de que vai a cousa. Este é o meu traballo de hoxe, ben exactamente o meu traballo está relacionado con este fotomontaxe. Para que vos fagades unha idea hoxe é un día francamente ameno.

Dito esto, está claro que é mellor non falar de traballo, falemos pois do futuro. E é que o meu futuro a medio prazo está moi ligado a unha viaxe de duración indefinida que espero comezar no mes de xaneiro. A aventura en Londres espérame. Aínda que en realidade, á aventura, á aventura tampouco é que vaia, porque o máis seguro é que me acompañe Body, que xa estivo alí e sabe por donde moverse, e tamén é probable que para os primeiros días de estancia, sen dúbida os máis duros, teña un chan sobre o que durmir e un teito baixo o que protexerme das inclemencias do tempo inglés. Por certo que si alguén está pensando en facer algo parecido recoméndolle que consulte estas páxinas: poblado.com e icuk.net, porque contan cousas moi interesantes e útiles e, ademáis, se miras o foro podes baixar das nubes e daste conta que a cousa non é tan sinxela como parece. Iso a alguén coma min venlle moi ben, porque cando me ilusiono por algo perdo momentaneamente a noción de realidade e a miña fantasía empeza a voar que da gusto, o que pasa e que sempre hai alguén o teu redor que te fai volver o planeta terra, para iso están os amigos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario