jueves, 15 de julio de 2004

Camaiñante non hai camiño...

Levo un verán un pouco movidiño, despois de ter percorrido case toda a península en coche nun fin de semana, tres días despois non se me ocurre mellor cousa ca camiñar 14 quilómetros andando en 2 horas, para que logo falen do pouco que me gusta camiñar. A pesar da dura empresa cheguei con dignidade ó final, seguro que a iso, contribuiu e moito, a paraxe que se podía contemplar á beira do miño polo seu paso por lugo city. Acabamos en Chamoso onde nos agardaba unha suculenta merenda, para que enganarnos en Lugo cómese moi ben.
A ensinanza que saquei desta viaxe é que necesito ou pouco de adestramento para enfrentarme ó Camiño de Santiago, pero ó final pode que me anime e todo este ano, cando se marche o séquito da raíña por suposto.

1 comentario:

  1. oe, no teu blog non pode comentar calquera... que lo sepas! ai que ter código (o que pasa é que eu agora mesmo no tema criptográfico ando moi posta ;) )
    ah, por certo, o que ía comentar é que lle tes unha manía a "la reina" que non podes con ela. pobre sofía, co boa, co elegante, co competente e co boa sogra que é...

    ResponderEliminar