viernes, 9 de julio de 2004
Cuestión de horas
Acabo de cambia-la hora do blog, non estou segura de si agora aparecerá correctamente. Hoxe marchamos de viaxe, unha longa viaxe e sobre todo unha irrepetible experiencia, non creo que moitas veces na miña vida me decida a viaxar máis de 2.000 kilómetros nun fin de semana, mudanza incluída e con breves pero intensas paradas turísticas, para que viaxar senon. Desde Lugo city ata a cidade condal, neste caso deixaremos a Dalí para outro día, e concentrarémosnos só na mudanza. A viaxe xa é outra cousa, León, Zaragoza e moi posiblemente o Pais Vasco(sen concretar) esperan a nosa fugaz visita. Xa vos contarei, cando cheguemos en que quedou todo, si chegamos claro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario