jueves, 8 de julio de 2004
Chove en Lugo
Xa sei que resulta moi manido comezar isto falando do tempo, pero non fai máis que reflexar a realidade, non sei en absoluto de que falar. O caso é que tampouco vou ser demasiado sincera, non vaia ser que alguén lea isto algunha vez. Volvendo ó tempo, tampouco é tan mala a chuvia, a veces axúdate a esquecer cousas, a min faime chorar e así todo se vai da cabeza. Pero non me malinterpretedes, estades lendo a unha autentica fan do antigo deus exipcio Ra, ou sexa que eu son das tiradas ó sol na praia, pero cun bo protector.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario