Mañá marcho a BCN e é sempre un inmenso placer poder visitar esta incrible cidade pola que sinto debilidade. Esta vez, sen embargo, estarei traballando e isto, como é lóxico, quítalle encanto e espectativas á visita. Un pouco cansa xa do meu traballo, de facer sempre o mesmo ou parecido, dame pena ter que ir a BCN e saber que non a vou disfrutar tanto como en visitas anteriores.
BCN é a excusa para reflexionar sobre o traballo; as próximas semanas sei que van ser duras e que é moi posible que me sinta soa. Non me gusta o meu compañeiro de traballo, nada, nadiña. Eu sei que está mal dicilo pero é que non o podo aguantar, e simplemente a idea de ter que pasar as próximas dúas semanas con semellante individuo faime revolver o estómago, faime sentir incómoda... Moi poucas veces antes vivira unha situación semellante, a min gústame a xente e á xente é boa conmigo, por eso fai moito tempo que non me sentía así e, en certa maneira, dame pena saber que ó final é verdade, que non te podes levar ben con todo o mundo e que hai xente que é tan distinta a ti en tantas cousas que non hai reconciliación posible. Non quero dicir con isto que ata agora toda a xente que levo coñecido ao largo da miña vida fose xente maravillosa coa que me levo xenial, por suposto que hai xente que che cae mellor e xente que che cae peor. Estou a falar desa sensación de "dislike" que non podes evitar e que se fai máis presente polo feito de que tes que ver a esa persoa tódolos días e, nalguns casos coma este, mesmo traballar con ela man a man. E esto é o que nunca me pasara antes, ter que ver a unha persoa tódolos días á que por motivos irracionais ou racionais non podo soportar ver. E esto é o que me entristece, saber que por moito que non queiras ter este tipo de sentimentos, non o podes evitar e que todos somos humanos e coma tal temos cualidades boas e cualidades malas. Por eso o outro día lendo os comentarios da cea de nadal, púxenme triste porque recoñecín neses comentarios un sentimento moi similar que non fai tanto tempo era real pero que agora xa non é igual. Penso que cando escribín eso sabía por quen(es) o escribía e así o sentía. Pero por sorte ou por desgracia o tempo pasa e os sentimentos cambian, ou será que ó final o tempo encárgase de curalo todo, o caso é que ese sentimento xa quedou no pasado, seguramente reemplazado polo resentimento actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario