jueves, 12 de febrero de 2009
como pasa o tempo
Relendo o meu modesto blog atopeime con esto e fíxome pensar como pasa o tempo. Hai agora más de catro anos escribín esto, pensando no futuro, ancorada nun traballo que por dicilo dalgunha maneira non me enchía. Por esas datas decidira eu que o meu futuro estaba na emigración e estaba moi ilusionada coa idea. Hoxe levo xa máis de catro anos en Londres, e cos seus máis e os seus menos, sei que a decisión que tomei tempo atrás e cambiou a miña vida, foi tamén a correcta e, en certa forma, éncheme de orgullo o poder mirar para atrás e non arrepentirme das decisións tomadas. De todas formas, non todo saiu como esperaba, empezando porque desgraciadamente Body non me acompañou na aventura; porque por esas datas morreu o seu pai e non podía deixar a súa nai soa. Empecei a miña aventura londinense como au pair. A miña experiencia como au pair, sen chegar a denominala aconsellable, ensinoume moito, sobre min mesma e sobre os demais. Paseino ben, para que negalo, vivín o meu culebrón particular ao máis puro estilo inglés e marchei desa casa, sen pena e sen gloria pero creo que deixando un bo recordo. Todo aquelo levoume a onde estou agora - definitivamente podería ser peor...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario