domingo, 15 de febrero de 2009

Looking forward to BCN?

Mañá marcho a BCN e é sempre un inmenso placer poder visitar esta incrible cidade pola que sinto debilidade. Esta vez, sen embargo, estarei traballando e isto, como é lóxico, quítalle encanto e espectativas á visita. Un pouco cansa xa do meu traballo, de facer sempre o mesmo ou parecido, dame pena ter que ir a BCN e saber que non a vou disfrutar tanto como en visitas anteriores.

BCN é a excusa para reflexionar sobre o traballo; as próximas semanas sei que van ser duras e que é moi posible que me sinta soa. Non me gusta o meu compañeiro de traballo, nada, nadiña. Eu sei que está mal dicilo pero é que non o podo aguantar, e simplemente a idea de ter que pasar as próximas dúas semanas con semellante individuo faime revolver o estómago, faime sentir incómoda... Moi poucas veces antes vivira unha situación semellante, a min gústame a xente e á xente é boa conmigo, por eso fai moito tempo que non me sentía así e, en certa maneira, dame pena saber que ó final é verdade, que non te podes levar ben con todo o mundo e que hai xente que é tan distinta a ti en tantas cousas que non hai reconciliación posible. Non quero dicir con isto que ata agora toda a xente que levo coñecido ao largo da miña vida fose xente maravillosa coa que me levo xenial, por suposto que hai xente que che cae mellor e xente que che cae peor. Estou a falar desa sensación de "dislike" que non podes evitar e que se fai máis presente polo feito de que tes que ver a esa persoa tódolos días e, nalguns casos coma este, mesmo traballar con ela man a man. E esto é o que nunca me pasara antes, ter que ver a unha persoa tódolos días á que por motivos irracionais ou racionais non podo soportar ver. E esto é o que me entristece, saber que por moito que non queiras ter este tipo de sentimentos, non o podes evitar e que todos somos humanos e coma tal temos cualidades boas e cualidades malas. Por eso o outro día lendo os comentarios da cea de nadal, púxenme triste porque recoñecín neses comentarios un sentimento moi similar que non fai tanto tempo era real pero que agora xa non é igual. Penso que cando escribín eso sabía por quen(es) o escribía e así o sentía. Pero por sorte ou por desgracia o tempo pasa e os sentimentos cambian, ou será que ó final o tempo encárgase de curalo todo, o caso é que ese sentimento xa quedou no pasado, seguramente reemplazado polo resentimento actual.

jueves, 12 de febrero de 2009

como pasa o tempo

Relendo o meu modesto blog atopeime con esto e fíxome pensar como pasa o tempo. Hai agora más de catro anos escribín esto, pensando no futuro, ancorada nun traballo que por dicilo dalgunha maneira non me enchía. Por esas datas decidira eu que o meu futuro estaba na emigración e estaba moi ilusionada coa idea. Hoxe levo xa máis de catro anos en Londres, e cos seus máis e os seus menos, sei que a decisión que tomei tempo atrás e cambiou a miña vida, foi tamén a correcta e, en certa forma, éncheme de orgullo o poder mirar para atrás e non arrepentirme das decisións tomadas. De todas formas, non todo saiu como esperaba, empezando porque desgraciadamente Body non me acompañou na aventura; porque por esas datas morreu o seu pai e non podía deixar a súa nai soa. Empecei a miña aventura londinense como au pair. A miña experiencia como au pair, sen chegar a denominala aconsellable, ensinoume moito, sobre min mesma e sobre os demais. Paseino ben, para que negalo, vivín o meu culebrón particular ao máis puro estilo inglés e marchei desa casa, sen pena e sen gloria pero creo que deixando un bo recordo. Todo aquelo levoume a onde estou agora - definitivamente podería ser peor...

martes, 10 de febrero de 2009

Voltar

Non me preguntedes por que volvo a escribir, nin eu mesma o sei. Non sei se isto será algo pasaxeiro, sempre me canso das cousas moi rapidamente. Non teño nin idea sobre que vou escribir e non espero ter ningún público ou audiencia. Creo que espero convertir este blog de agora en diante nun diario do ciberespacio. Pero ¿por que agora? a verdade é que non o sei, non hai unha razón, hoxe non aconteceu nada especial. Estaba lendo o blog de emereci, como fago bastante a miúdo e de súpeto sentín morriña, morriña de escribir e tamén, porque non dicilo un pouco de envexa - eu tamén quero -. Eu tamén quero ter un refuxio no ciberespacio onde poida dicir cousas que non me atrevo a dicir á cara. Eu tamén quero poder ser sincera conmigo mesma, aínda que só sexa escribindo. Cando era pequena escribía tódolos sentimentos que non me atrevía a dicir con palabras e non mellorei nada co paso do tempo, só teño dúas formas de mostra-los meus sentimentos: chorando - o que resulta un pouco frustrante - ou escribindo. O peor de todo é que sin non saco o que teño dentro, ahí se queda, dentro, e todo o mundo di que eso non é bo. Así que supoño que esta é a razón que andaba buscando. Retomo o blog coma terapia, como liberación,...