Hoxe é o meu derradeiro día de traballo, e se ben, non fixen máis que queixarme do aburrido que era, agora creo que o vou botar de menos. Tamén deixo Lugo, cidade adoptiva durante este último ano. Pero como o prometido é débeda e ademais non sei cando poderei voltar a conectarme á rede (acabouse o chollo), aquí vos deixo xunto co taboleiro as regras de xogo, que debo dicir non lin enteiras porque me pareceron un coñazo pero o certo é que para non ter nin idea aínda xogamos bastante ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario