jueves, 9 de diciembre de 2004

Veneno na pel


Hoxe en día ser político non che é nada fácil. Na que te descoidas bótanche veneno na comida e podes quedar como o líder da oposición en Ucrania, Víctor Yuschenko. A verdade é que a foto impresiona, pero o máis impresionante, alomenos para min, é que todos temos unha hipótese sobre o que lle puido pasar a este home en menos de cinco meses para que se transformase de Dr Jekyll en Mr Hyde, pero as hipóteses non son probas e moi probablemente acabará morrendo sen que saibamos que ou quen acabou coa súa vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario