viernes, 10 de diciembre de 2004

A ameaza fantasma


Moi propio despois do filme que vin onte, "Shattered Glass" protagonizado por un novo ídolo adolescente, Hayden Christensen. Por certo que atopei un foro onde falaban dunha curiosa relación entre os seus dous últimos personaxes, por un lado Darth Vader, na Guerra das Galaxias e por outro lado, o xornalista Phillip Glass. Segundo este internauta no primeiro caso loita contra a Old Republic e no segundo contra New Republic, mensaxe subliminal?

Deixando extrañas hipóteses á marxe, con respecto ó carteliño, non é que teña medo de que unha bomba malintencionada poida acabar coa miña vida, que tamén. Pero case me da máis medo que un paranoico inglés poida decidir sen máis nin máis quen pode ou non pode ser terrorista e que se lle dea credibilidade. Voume tinguir de loira, lentillas azuis e malo será, non?

No hay comentarios:

Publicar un comentario