miércoles, 27 de octubre de 2004

Un saúdo para Málaga


Aqui vai o prometido. Saes moi guapo na foto, non te queixaras. Isto é para que volvas a visitarnos pronto, se é posible antes de que eu marche.

martes, 26 de octubre de 2004

Un día no ximnasio


A verdade é que isto de conservar a "línea" si que cansa. Onte foi a miña segunda experiencia co que chaman spinning e hoxe doenme músculos do corpo que non sabía que existían, pero existen e parece que volven a resucitar despois dun cuarto de século durmidos. O caso é que sería inxusto botarlle a culpa só a bicicleta, porque despois probei a clase de body pump, que é o mesmo pero con pesas. Preguntarédesvos por que facer un cóctel tan explosivo, a razón é que si empezas algo tes que empezalo con forza, senon para que ir o ximnasio. Da igual que as dúas semanas (iso con moita forza de vontade) deixes de ir e non o volvas pisar máis, ó principio é básica a actitude positiva (xa sei que non mo creo nin eu). Menos mal que en Londres non vou ter estes prblemas de "niña pija más o menos capitalista", porque seguramente os cartos non me chegarán nin para comer, moito menos para ir o "gym".

Un consello, para empezar recoméndovos algo máis relaxado pero igual de "snob" ou máis si cabe, porque o chaman o método das estrelas ( o corpo de Naomi Campbell ou Brad Pitt agora ó noso alcance-haberá alguén que se trague esto?). Este método incrible chámase pilates e nin de coña está o alcance de calquera peto, de feito en Galicia só hai un ximnasio na Coruña, onde podes pagar as sesións individuais, que costan unha pasta (o de ubicalo na Coruña eche cousa dos estudios de mercado, se cando eu digo que son burgueses...). O caso é que para os que temos unha economía máis limitada podemos atopar o que se chama pre-pilates nos ximnasios de "andar por casa", esto é unha preparación previa e necesaria para facer correctamente os exercicios das sesións individuais. Non está nada mal, relaxado e tranquilo e o mellor de todo é que o día seguinte non hai maniotas.

Interesante esta clase sobre ximnasios, o bo que ten o blog é que eu podo escribir sobre o que queira e vos non tedes permiso para xulgarme.

viernes, 22 de octubre de 2004

O traballo non mata

Probablemente se eu vira esto sen ningún contexto previo, non entendería moi ben de que vai a cousa. Este é o meu traballo de hoxe, ben exactamente o meu traballo está relacionado con este fotomontaxe. Para que vos fagades unha idea hoxe é un día francamente ameno.

Dito esto, está claro que é mellor non falar de traballo, falemos pois do futuro. E é que o meu futuro a medio prazo está moi ligado a unha viaxe de duración indefinida que espero comezar no mes de xaneiro. A aventura en Londres espérame. Aínda que en realidade, á aventura, á aventura tampouco é que vaia, porque o máis seguro é que me acompañe Body, que xa estivo alí e sabe por donde moverse, e tamén é probable que para os primeiros días de estancia, sen dúbida os máis duros, teña un chan sobre o que durmir e un teito baixo o que protexerme das inclemencias do tempo inglés. Por certo que si alguén está pensando en facer algo parecido recoméndolle que consulte estas páxinas: poblado.com e icuk.net, porque contan cousas moi interesantes e útiles e, ademáis, se miras o foro podes baixar das nubes e daste conta que a cousa non é tan sinxela como parece. Iso a alguén coma min venlle moi ben, porque cando me ilusiono por algo perdo momentaneamente a noción de realidade e a miña fantasía empeza a voar que da gusto, o que pasa e que sempre hai alguén o teu redor que te fai volver o planeta terra, para iso están os amigos.

miércoles, 20 de octubre de 2004

Eu

A verdade é que intentei crear un blog de fotografías pero estoume peleando co programa que se vos interesa chamase fotolog.net. Esta era a primeira foto que ía colgar, ahí vai. Posted by Hello



miércoles, 13 de octubre de 2004

depresión postvacacional

Si, estamos de volta das vacacións. Non, non estou deprimida soamente acatarrada, o que me pon de mui mala hostia. O caso é que chega o momento de plantexarse que vas facer o ano que ven, e como tiña pensado marchar cara Londres, o último que se me ocorreu foi compra-lo billete de avión xa e así non atopar ningunha excusa que me libre desa viaxe que eu sei máis ca ninguén que preciso facer. Quen sabe, ó mellor a semana que ven xa teño todo listo para marchar o 12 de xaneiro, porque o Nadal prefiro pasalo na casa.

Falando de United Kingdom e máis concretamente, de Edimburgo chegoume hoxe un artigo moi interesante publicado en The Herald sobre as relacións ancestrais de parentesco que poden existir entre os galegos e os escoceses e irlandeses, iso si, sen pasar polos celtas porque parece que eso da nosa orixe celta se inventou para vender colares e pendentes de artesanía, moi bonitos por certo.