jueves, 2 de enero de 2014

O outro día vin a entrevista de Jeremy Paxman a Russell Brand en Newsnight da BBC e pareceume un discurso inspirador. Russell estaba a enviar unha mensaxe revolucionaria pero a persoa que realmente dirixía a entrevista e desde o meu punto de vista estaba a reforzar o discurso do showman era Jeremy Paxman, que pretendendo bastante mal non concordar coa opinión do entrevistado, as súas preguntas incrementaban a credibilidade. Eu non sei se Paxman concorda ou non con Brand, mesmo non sei se Brand cree o que el di nesta entrevista. Simplemente para min é motivadora.

Que facer, que facer,…

Levo dándolle voltas toda a manhá mentres boto un ollo os emails, respondo algún deles e planifico o meu próximo proxecto do traballo. Falando co Filipe, ocorréuseme que a súa idea de ter un restaurante non é tan mala despois de todo. Poderíamos ter un café-restaurante (máis café que restaurante) onde se podería celebrar tertulias e actos culturais e onde os autores independentes tiveran un espazo para presentar os seus traballos e compartir as súas opinions cos clientes habituais do café. Gústame moito esa idea, moito, moito… máis o dinheiro interponse unha vez máis no noso camino. Non se pode ter un negocio se non se ten dinheiro para invertir. Mas nos non queremos un negocio, non precisa darnos tantos beneficios, so precisa darnos o suficiente para ter unha vida “confortable”…

… que complicado e todo, como me atopo tan atada as minhas necesidades materiais que non podo deixar de pensar niso, é un factor a ter en conta en tódolos planos que fago. Non importa canto eu diga que non é importante, segue sendo, está ahí como un estigma que non desaparece, está presente no subconsciente e aflora regularmente para recordarme dos meus medos, do moito que me gusta vivir nesta realidade ficticia onde as cousas valen máis que as persoas, onde todo e todos parecen ter un prezo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario