Estou aqui
sentada diante do computador, traballando sen unha motivación adicional ademáis
da motivación que sinto de querer facer ben o meu traballo, independentemente de
si me gusta ou non.
Fai xa algún tempo
que descartei pasar a mina vida traballando nalgo que me xenerase entusiasmo, algún
que outro traballo fíxome sentir asi ao empezar pero despois a crua realidade
voltou e todos acaban por se converter nalgo que se ten que facer, sen máis,
coa opción de facelo ben dependendo da ética persoal de cada un.
Sen embargo, este
relato non e un relato de queixa persoal, porque na vida eu tamén aprendín que
hai moito máis que facer que traballar e que o noso desenvolvimento individual
e colectivo pódese conseguir de moitas maneiras.
Con toda a
situación económica e política actual no meu país de orixe e no meu país de
adopción recente, eu son consciente que non teño terreo para me queixar e que
de feito non debería perder ningún tempo a me queixar da mina privilexiada vida
persoal e profesional senon a tratar de entender e contribuir a mellorar a
estragada situación colectiva actual.
Sempre sentín
desde que teño certa consciencia do mundo que me rodea, que a realidade na que
vivía e vivo non era xusta. E una vez máis aquí non me estou a referir a min senon
ao conxunto de persoas que me rodean e acompanan na miña vida e tamén á
realidade que vexo no resto do país e do mundo a través dos medios de
comunicación e as redes socias. As veces o sentimento é tan forte, cando me teño
que enfrentar por unha ou outra razón a algunhas destas inxustizas, que non
podo conter as bágoas. E sen embargo, cando chega a hora da verdade, cando
chega o momento de pensar que é o que podemos facer para cambiar as cousas. A
resposta que fai sentido é demasiado arriscada para poñela en práctica.
Eu non estou a
falar de violencia, os meus principios e a mina maneira de ve-lo mundo non me permite
ver na violencia unha saída alternativa a ninguna situación opresiva mais eu
mesma son consciente que esto pode parecer unha postura moi “naive”.
En calquera caso,
as respostas as que eu me estaba a referir neste momento teñen moito máis que
ver con renunciar a situación privilexiada na que vivo eu neste momento e
promover unha realidade diferente para toda a poboación, unha realidade máis
igualitaria, unha realidade onde os bancos como entidades controladoras e o
dineiro como instrumento opresor deixan de ter valor. Sen embargo para
conseguir unha realidade coma esa é necesario que a xente que vive
confortablemente nas súas casas dea un primeiro paso para renunciar a toda esta
realidade ficticia construida para nos manter adormecidos, sen vontade de
mudar.
Como lle podes
pedir a xente que traballou toda a sua vida para ter esa apreciada situación
confortable, que se levante do seu sofá e empece a reinvidicar dereitos para
outras persoas. Non é normal que a maioría pense, esa xente menos privilexiada,
non fixo nada da sua vida e agora espera que todos nos levantemos para
axudarlles? Mesmo os que poden pensar que moita da xente que agora mesmo esta
na miseria, que non ten nada ou que tina e o perdeu son víctimas dunha
sociedade inxusta, mal repartida e que limita a liberdade das persoas
dicíndolles o que poden ou non poden facer, a onde poden ou non poden ir, co
principal obxetivo de manter esa realidade inxusta; mesmo a xente que pensa
desa maneira atopa difícil levantarse e dicir basta.
Por que arriscar?
Eu tamén me pregunto. Que podemos gañar? E si quero facer algo, qué facer? Como
podemos mudar isto de maneira pacífica e que faga diferencia? Non o podo negar,
eu son unha desas persoas que está en busca de motivación. Motivación para
axudar a crear esa sociedade na que eu creo, que moita xente cree. Motivación
para cambiar o mundo tamén, saber que outra realidade global é posible. Eu
gostaría de pedir axuda a todos os que pensan parecido e que o contrario ca min
están a facer algo para mudar o seu entorno, preciso de ideas…
No hay comentarios:
Publicar un comentario