martes, 30 de noviembre de 2004

A derradeira emperatriz


Decepcionada pola desvergonza política que sobrevoa ultimamente o noso país decidín googlear un pouco en busca de boas e malas xestións políticas noutros países. Sumerxinme no mundo oriental aproveitando o título do libro que estou lendo La ciudad prohibida, sobre a vida de Tzu Hsi, a derradeira emperatriz de China, escrito por Anchee Min, autora tamén doutro libro que lin fai tempo e xa non recordaba, Madame Mao.
Tzu Hsi é unha desas mulleres que dende a sombra que lle confería por tradición o seu xénero, fixo e desfixo o que lle deu a gana na política do seu país. Pasou de ser unha rapaza de familia humilde a concubina do emperador Hsieng Feng e despois de dar a luz ó primoxénito, Pu Yi (derradeiro emperador de China), converteuse en emperatriz consorte. Sobre a mala ou boa xestión que esta muller fixo en China non vou falar, nestes últimos días xa temos visto que todo é moi relativo e a retórica suple en moitos casos ó sentido común.
Recoméndovos que se vos interesa leades o libro e xulguedes por vós mesmos. Ou aínda mellor, podemos esperar a que Oliver Stone estree o filme porque ó igual que Bertolucci fixo coa vida do seu fillo en "El último emperador", Stone levará ó cine a vida da nai, ou polo menos xa comprou os dereitos. ¡Preparádevos para outra superproducción!

No hay comentarios:

Publicar un comentario