martes, 30 de noviembre de 2004

A derradeira emperatriz


Decepcionada pola desvergonza política que sobrevoa ultimamente o noso país decidín googlear un pouco en busca de boas e malas xestións políticas noutros países. Sumerxinme no mundo oriental aproveitando o título do libro que estou lendo La ciudad prohibida, sobre a vida de Tzu Hsi, a derradeira emperatriz de China, escrito por Anchee Min, autora tamén doutro libro que lin fai tempo e xa non recordaba, Madame Mao.
Tzu Hsi é unha desas mulleres que dende a sombra que lle confería por tradición o seu xénero, fixo e desfixo o que lle deu a gana na política do seu país. Pasou de ser unha rapaza de familia humilde a concubina do emperador Hsieng Feng e despois de dar a luz ó primoxénito, Pu Yi (derradeiro emperador de China), converteuse en emperatriz consorte. Sobre a mala ou boa xestión que esta muller fixo en China non vou falar, nestes últimos días xa temos visto que todo é moi relativo e a retórica suple en moitos casos ó sentido común.
Recoméndovos que se vos interesa leades o libro e xulguedes por vós mesmos. Ou aínda mellor, podemos esperar a que Oliver Stone estree o filme porque ó igual que Bertolucci fixo coa vida do seu fillo en "El último emperador", Stone levará ó cine a vida da nai, ou polo menos xa comprou os dereitos. ¡Preparádevos para outra superproducción!

viernes, 19 de noviembre de 2004

Un raio de esperanza

Gústame cando ocorren estas cousas, cando a unha persoa se lle recoñecen os seus méritos. Vivimos inmersos nun mundo onde o día a día parece que te saúda cunha xarra de auga fría para que despertes e te deas conta de que da igual o que traballes ou o que estudies, que iso non te levará lonxe, existen outros métodos...

Sen embargo cando a unha persoa como Ana se lle concede un premio coma este por un traballo, que eu sei que é inmellorable, pensas que aínda hai esperanza e que existen casos (non moitos) en que si vale a pena dalo todo e esforzarte porque si se recoñece o teu traballo.

Noraboa!

miércoles, 17 de noviembre de 2004

Edificio municipal


Non, non se trata da sala oculta de ningunha casa consistorial, pero si é un inmoble que ten cedido o seu uso a un Concello. Esta é a súa lamentable situación no interior, onde ademais hai documentación importante sobre a cotización dos agricultores do Concello que está como podedes ver toda ciscada polo chan.
Estamos a falar dun edificio de tres plantas, e un ático cun almacén enorme na planta baixa. Edificio que durante máis de 10 anos estivo sen utilizar polo Concello (cantos máis haberá por ahí), non me podo imaxinar cantos usos se lle poderían dar. O caso é que finalmente decidiron rehabilitalo (xa era hora) e a nós tocounos o desagradable traballo de recoller toda a documentación ahí almacenada. Documentación que, como xa dixen, resulta moi relevante para todas aquelas labregas e labregos que intentaron e intentan demostrar que durante a súa dura vida cotizaron á seguridade social. De feito, moitos deles agora mesmo non están cobrando o que lles corresponde porque algunha desa documentación está perdida. Tamén debo dicir que este é o peor caso co que nos atopamos na nosa incesante busca de papeliños oficiais, que rematará o vinveiro venres. Un saúdo para as que realmente fan esa labor, Raquel e Ana que son unhas traballadoras natas.

jueves, 11 de noviembre de 2004

Unha foto


A simple vista é só unha foto e non moi boa pero esta é a miña primeira foto publicada. Aparece no Progreso (xa sei que non é gran cousa), para os que non se fien na páxina 25. Iso si, como marca de identidade o xornalista recortou a foto como lle deu a gana.

miércoles, 10 de noviembre de 2004

Poppy day

En Inglaterra existe o día da amapola, ou mellor o mes da amapola. Non pensedes que se trata de sustituir a tradicional rosa por "poppies" para regalarllas despois a parella. É unha conmemoración moi semellante á da Revolución dos Claveis en Portugal. Os ingleses celebran o Remembrance Day cada ano o día 11 de novembro para conmemora-la firma do Armisticio que puxo fin a Primeira Guerra Mundial e que tivo lugar as 11 horas, o día 11 ,do mes 11 de 1918.

As amapolas representan as flores que medraban nos campos de Flandes, despois de que tivera lugar unhas das batallas máis cruentas, que deixara todo o territorio asolado. Sempre hai unha explicación romántica para estas cousas. Polo demais, debe ser curioso ver a tódolos políticos ingleses cunha amapola vermella na solapa.

martes, 9 de noviembre de 2004

Todo é posible na pantalla grande


Despois do Festival de cine independente de Ourense, noticias coma esta desoriéntante. ¡Beckham... actor de cine! Pois parece que vai ser certo e non só el, tamén se rumorea que actuarán Raul ou Zidane. Trátase dunha trioloxía (por que cando algo funciona téñeno que desgastar ata que a xente se cansa?), pásovos un pequeno resumo do argumento:

"The first part of a trilogy about a young Hispanic soccer player from Los Angeles pursuing a dream of global soccer stardom. In the first movie, he breaks through with English Premier League club Newcastle. In the second, a couple of years later, he gets transferred to Euro champs Real Madrid in Spain. The trilogy climaxes with his appearance for his country (either Argentina or Spain) at the 2006 World Cup in Germany".

A trioloxía está protagonizada por Diego Luna, xa sei, eu tampouco o entendo, e ten como productor a Lawrence Bender, moi amigo de Tarantino, tanto que produciu Reservoir Dogs, Pulp Fiction e Kill Bill Vol1 e Vol2 (estará vivo para o Vol3), a Diego Luna tamén o conoce de feito é o productor de Dirty Dancing 2. Os tres filmes costarán sobre 100 millóns de dólares e non me quero imaxinar canto pode recibir Beckham por aparecer en catro planos retocados, mellor non sabelo, pero saberemolo.


lunes, 8 de noviembre de 2004

Festi-cine


O festival de cine da cidade das burgas. A verdade é que este ano teñen un cartel moi interesante, emereci e máis eu pasamos esta fin de semana por aló e puidemos ver dúas películas e seis cortos. Moi recomendable para os que xa están fartos do cinema comercial e que lles gusta o cinema de temática social, así pódedes atopar cine brasileiro (que a min me gusta dende que vin Ciudad de Dios) ou cine feminino. Creo que hai para tódolos gustos.
Dous días moi axetreados, entre salir e ir ó cine hoxe pola mañá quedeime durmida e cheguei tarde o traballo, vai ter razón miña nai, non se pode atender a todo. Pero eu sigo pensando que si.

viernes, 5 de noviembre de 2004

O reflexo da frustración


O reflexo da frustración. Supoño que foi o que levou a Michael Moore a facer ese alegato contra o suicidio, esta impresionante fotomontaxe e desaparecer do mapa. Teño que confesar que cando o lin hoxe no xornal, non tardei nin dous minutos en busca-la páxina web e comprobar por min mesma que o que dicía era verdade.

Unha publicación


Esta é a miña primeira publicación, permitide que vola ensine. A verdade non é cousa doutro mundo, pero costounos moito sacala adiante tal vez polo pouco tempo co que ó final contamos. Cumple unha función moi importante. Trátase de dar a coñecer a todos aqueles que nos preguntan que é a Cámara Agraria de Lugo e que fai.
Un pequeno inciso, memtres escribo esto estou sendo espiada, literalmente, dende o edificio que teño en frente. Non sei se vos pasou algunha vez, pero iso de que alguén te asexe dende unha ventana da un "mal rollo", case se me poñen os pelos de punta. Menos mal que só é un neno ou unha nena con ganas de xogar, ou eso creo.

Seguindo co tema, para todos aqueles que queiran unha copia desta revista non teñen máis ca pedirma, iso si non ven con garantía, non prometo que sexa entretida para todos, está especialmente recomendada para os moi vinculados ó agro lucense.


miércoles, 3 de noviembre de 2004

The beginning

El exorcista, el comienzo

Extracto do rito do exorcismo do Rituale Romanum:

Salvame, oh Señor. Por tu poder y con tu nombre,

porque los demonios se han alzado contra mi

y hombres violentos buscan mi vida.

Tu que le diste a tus apóstoles el poder

de aplastar serpientes y escorpiones,

concedenos tu luz en esta nuestra hora más oscura.

Apiadate de este siervo de Dios que ha recurrido a Ti.

Retirate al infierno, principe de las mentiras,

es Dios mismo quien te lo manda,

Dios padre te lo manda,

Dios hijo te lo manda,

Dios espiritu santo te lo manda,

la sangre de los martires te lo manda,

el misterio de la cruz te lo manda.

Es el Dios mismo quien te lo manda.


¡Retírate, el poder de Cristo te obliga!

¡El poder de Cristo te obliga!

¡El poder de Cristo te obliga!

¡El poder de Cristo te obliga!

¡El poder de Cristo te obliga!