viernes, 15 de noviembre de 2013

Un pensamento longo...


Estou aqui sentada diante do computador, traballando sen unha motivación adicional ademáis da motivación que sinto de querer facer ben o meu traballo, independentemente de si me gusta ou non.

Fai xa algún tempo que descartei pasar a mina vida traballando nalgo que me xenerase entusiasmo, algún que outro traballo fíxome sentir asi ao empezar pero despois a crua realidade voltou e todos acaban por se converter nalgo que se ten que facer, sen máis, coa opción de facelo ben dependendo da ética persoal de cada un.

Sen embargo, este relato non e un relato de queixa persoal, porque na vida eu tamén aprendín que hai moito máis que facer que traballar e que o noso desenvolvimento individual e colectivo pódese conseguir de moitas maneiras.

Con toda a situación económica e política actual no meu país de orixe e no meu país de adopción recente, eu son consciente que non teño terreo para me queixar e que de feito non debería perder ningún tempo a me queixar da mina privilexiada vida persoal e profesional senon a tratar de entender e contribuir a mellorar a estragada situación colectiva actual.

Sempre sentín desde que teño certa consciencia do mundo que me rodea, que a realidade na que vivía e vivo non era xusta. E una vez máis aquí non me estou a referir a min senon ao conxunto de persoas que me rodean e acompanan na miña vida e tamén á realidade que vexo no resto do país e do mundo a través dos medios de comunicación e as redes socias. As veces o sentimento é tan forte, cando me teño que enfrentar por unha ou outra razón a algunhas destas inxustizas, que non podo conter as bágoas. E sen embargo, cando chega a hora da verdade, cando chega o momento de pensar que é o que podemos facer para cambiar as cousas. A resposta que fai sentido é demasiado arriscada para poñela en práctica.

Eu non estou a falar de violencia, os meus principios e a mina maneira de ve-lo mundo non me permite ver na violencia unha saída alternativa a ninguna situación opresiva mais eu mesma son consciente que esto pode parecer unha postura moi “naive”.

En calquera caso, as respostas as que eu me estaba a referir neste momento teñen moito máis que ver con renunciar a situación privilexiada na que vivo eu neste momento e promover unha realidade diferente para toda a poboación, unha realidade máis igualitaria, unha realidade onde os bancos como entidades controladoras e o dineiro como instrumento opresor deixan de ter valor. Sen embargo para conseguir unha realidade coma esa é necesario que a xente que vive confortablemente nas súas casas dea un primeiro paso para renunciar a toda esta realidade ficticia construida para nos manter adormecidos, sen vontade de mudar.

Como lle podes pedir a xente que traballou toda a sua vida para ter esa apreciada situación confortable, que se levante do seu sofá e empece a reinvidicar dereitos para outras persoas. Non é normal que a maioría pense, esa xente menos privilexiada, non fixo nada da sua vida e agora espera que todos nos levantemos para axudarlles? Mesmo os que poden pensar que moita da xente que agora mesmo esta na miseria, que non ten nada ou que tina e o perdeu son víctimas dunha sociedade inxusta, mal repartida e que limita a liberdade das persoas dicíndolles o que poden ou non poden facer, a onde poden ou non poden ir, co principal obxetivo de manter esa realidade inxusta; mesmo a xente que pensa desa maneira atopa difícil levantarse e dicir basta.

Por que arriscar? Eu tamén me pregunto. Que podemos gañar? E si quero facer algo, qué facer? Como podemos mudar isto de maneira pacífica e que faga diferencia? Non o podo negar, eu son unha desas persoas que está en busca de motivación. Motivación para axudar a crear esa sociedade na que eu creo, que moita xente cree. Motivación para cambiar o mundo tamén, saber que outra realidade global é posible. Eu gostaría de pedir axuda a todos os que pensan parecido e que o contrario ca min están a facer algo para mudar o seu entorno, preciso de ideas…