lunes, 2 de marzo de 2009

La Catedral del Mar


A semana pasada estiven traballando en Barcelona, estiven por certo, bastante ocupada, sen tempo para actualiza-lo blog en absoluto. Non era a primeira vez que estaba na cidade condal pero aproveitei esta visita para ver a igresa de Santa María del Mar, a igrexa na que se basa o libro La Catedral del Mar, libro que por certo teño na miña mesa de noite esperando con uns poucos máis a que teña tempo para ler. O caso é que esta impresionante igrexa é unha das máis fermosas que vin na miña vida, merece sen dúbida un libro. Non deixa de sorprenderme a grandeza da arquitectura relixiosa e recórdame un pouco a Los Pilares de la Tierra, cando fala de construir unha catedral tan alta que parece que chega directamente o ceo e ponte en contacto con Deus. Eu non sei se haberá ou non haberá Deus, sei que é inmoral a cantidade de cartos e poder que chegou a ter a igrexa católica no seu día que se podía permitir obras de arte deste calibre, o único que sei é que entrar nun lugar como a Catredal del Mar é unha das experiencias máis espirituais e relaxantes que tiven na miña vida.

Metela pata

Hai algo que non me gusta nada, metela pata. Por moi insignificante que poida se-lo erro é algo que me fai sentir estúpida e permanezo enfadada conmigo mesma hasta que o esquezo. Peor que metela pata é facelo e que os demáis se den conta. A min coma case todo o mundo gústame o reconocemento alleo, máis do que nunca confesarei, por iso cando cometo un erro que non debería ter cometido e ademáis iso afecta a outras persoas, faime sentir polo chan. Nin sequera pedir perdón soluciona a humillación. Eu repítome a min mesma que todos somos humanos e que como humanos cometemos erros, pero por moito que o diga non son capaz de quitalo da cabeza. O erro dun médico por pequeno que sexa pode matar unha persoa e aínda que sexa unha esaxeración porque eu non son médico reflexa un pouco o que quero dicir.
O caso é que agora me atopo nun deses momentos e como non é fácil falar dos sentimentos reais, non a lo menos para min, prefiro escribir sobre eles. Penso que si o deixo plasmado no blog, quítomo de encima e será máis fácil pasar a pensar en cousas máis importantes, como as eleccións galegas, outro claro exemplo de que errar é humano.