miércoles, 5 de febrero de 2014

...é unha preocupación

Outro día de pensamentos vagos, pesimistas, sen sentido.

Hoxe non foi un bo dia no traballo, estou cansada de traballar en cousas que non me motivan, nin me permiten desenvolverme. Ideas, ideas,... onde é que estades? Por que non podo ser unha desas persoas con ideas e que non lle da medo polas en práctica, arriscar un pouco? Nen sequera estou disposta a arriscar un pouco por tentar algo que realmente vale a pena.

Non sei o que podemos facer, a título individual por facer deste un mundo mellor para todos. Podemos facer pequenas contribucións dentro da nosa comunidade, eso axuda pero hasta que punto muda as cousas. Eu penso niso porque me gustaría encontrar un propósito a minha vida e que co meu traballo diario eu podese dalgunha maneira axudar a mudar.

Os mesmos pensamentos, un día e outro tamén, na minha cabeza, enchéndome de frustracións que non podo controlar. Escribir axuda a bota-los dianhos fóra pero por pouco tempo. Eu son unha persoa feliz, con todo o que preciso e mais para sentirme ben conmigo e coa xente que me rodea. Son afortunada e son consciente diso. As veces ainda non o valoro, aínda que máis e máis cada vez que penso nas minhas frustracións, reconhezo que a nivel persoal polo momento non me podo queixar.

Sen embargo hay algo que me perturba de cuando en cuando. Non é nada concreto, é unha insatisfacción coa vida, pero penso que non é coa minha vida en particular, é co caminho que o mundo está tomando, intranquilízame, preocúpame, dame a impresión de que estou a perde-lo tempo facendo o que se supón que tenho que facer cuando debería estar pensando en solucións para esta situación na que nos estamos imbuindo todos, porque tenho a impresión de que si non reaccionamos pronto dalgún xeito, vai ser demasiado tarde.

Non é nada en concreto, é unha preocupación....