jueves, 2 de abril de 2009

Acábome de dar conta, non sei como pasou. O outro día falei da miña casiña ao referirme a ese pequeno pero cuco apartamento no que vivo na capital inglesa e o certo é que sen darme conta, este pais adoptivo estase a convertir pouco a pouco no meu fogar. Non sei se eso é bo, se me tería que asustar, definitivamente tal cousa asustaría a meus pais, así que mellor non dicir nada. Como dicía, sen darme conta, atópome coma na casa. Pero este non foi un camiño fácil, non hai moito tempo pensaba que nunca sería capaz de vivir en Londres por moito tempo e coa tontería levo aquí máis de catro anos, catro anos, que se di pronto, quen me ía dicir a min que ía durar tanto. Aínda recordo o meu último ano en Lugo, planeando a viaxe, pensando e repensando todo miles de veces, a emoción, o medo ao descoñecido, a xente apoiando... Estou tan contenta de estar onde estou. Non se pode dicir que cumplín tódalas espectativas da miña vida, pero podo dicir, e para min xa é moito, que son feliz, que estou contenta onde estou e que mirando para atrás non hai nada do que me arrepinta, porque fixera o que fixera, pasase o que pasase, todo conduciume a onde estou agora. Gracias a toda a xente que me axudou polo camiño, que me apoiou, que perdoou tódolos meus erros, malos humores, bos e malos días, a tódolos meus amigos e familia que me axudaron a convertirme no que son agora. Espero poder contar con todos vos no futuro e xa sabedes todos que podedes contar conmigo.